"Con Él todo se pode!" Más testimonios de ULELN-Ourense

Empezamos la semana y todavía nos siguen llegando testimonios de "Una Luz En La Noche" celebrada en Ourense. ¡Disfrutadlo!

"Cristo nunca falla! E unha vez máis o puiden comprobar nesta ULELN. Nervios, angustia e dúbidas ao comezo ata que te deixas nas súas mans e todo e se convirte en paz e ledicia.
A min tocoume o gran ministerio de acoller, presentar a Cristo a outros xóvenes; que difícil no día a día e que sinxelo cando pides de verdade ao Espírito Santo que el che dea a forza  necesaria para facelo... pois esto foi o que sucedeu o sábado na nosa cidade de Ourense.
Sorprendeume a enorme cantidade de xente que se achegou ata a Igrexa, o interés por saber, coñecer de verdade a Cristo, ir máis ala do que escoitan dicir na rúa e o gran agradecemento que ao saír mostraban por terlle adicado a cada un deles, persoalmente uns minutos.
Axudoume a darme de verdade de conta da gran necesidade de Deus de tanta xente e a importancia de levalo ao demais, de anuncialo e de non quedarnos o vivido para nós mesmos senon compartilo!
Rezo por cada xoven que  entrou a Igrexa, por todos os seus problemas e debilidades que esa noite  deixaron no corazón de Cristo! Para que EL lles dea a forza e a valentía de volver cara os seus brazos abertos de pai e cambiar as súas vidas... porque  con El todo se pode!"

Melissa Salgado Pérez - Ourense


No hay comentarios:

Publicar un comentario