OKUP + ARTE en DEUS 2014

Un ano máis e por quinto ano consecutivo, a Acción Católica Xeral de Ourense invítavos a Okupar un mosteiro da Ribeira Sacra coa finalidade de volvelo ó seu uso orixinal ó ritmo da Liturxia das Horas, do traballo e da formación.
O lugar elexido é o Mosteiro de Santa María de Montederramo e as datas o 12, 13 e 14 de setembro.
Si tes entre 18 e 45 anos non o dubides e ven. Solo necesitarás:
·        Saco de durmir e esterilla
·        Libro da Liturxia das Horas si o tes ou o podes conseguir
·        Biblia
·        Libreta e boli
·        Cousas de aseo persoal e tarxeta sanitaria

O prezo é de 15€ e o número máximo será de 20 persoas. O criterio será por orde de inscripción, debéndose pagar na conta de ACX indicando quen fai o ingreso:
Banco Popular: 0075 8909 13 0701801920
O prazo para inscribirse remata o día 8 de setembro.

Para calquera dúbida dirixirse a:
Ledicia: 620127708 / ledicia.santos@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario