Campo de traballo "A ledicia de darte"

Entre os días 5 e 11 de Agosto, en Mondoñedo, a Acción Católica Xeral de Ourense, propón este campo de traballo como unha ocasión para os mozos e mozas na que o obxectivo fundamental é promover un encontro con Cristo a través da vida comunitaria, o servizo aos necesitados, a oración e a formación.

Está destinado a mozos e mozas de 18 a 30 anos e o traballo consistirá en:
-Mozos de 18-20 anos: nunha residencia de maiores xestinonada polos "Mensajeros de la paz".
-Mozos de 21-30 anos: nunha residencia de discapacitados psíquicos dirixida polas Fillas da Caridade.

O traballo será realizado polas mañás, dispondo deste xeito, das tardes libres para actividades de lecer e rematar o día coa celebración da Eucaristía e un momento de coloquio e formación.

O prezo é de 30 € aprox. (o trasnporte é por conta de cada un, cabendo a posibilidade de porse de acordo entre os asitentes) e o prazo de inscripción remata o 25 de Xullo.

**Para máis información, contacto e inscripción:

- Miriam Medela:
628894377
miriam_medela@hotmail.com

- Gabriel Dasilva:
648259285
s1hakim@hotmail.com