Un
ano máis e por quinto ano consecutivo, a Acción Católica Xeral de Ourense
invítavos a Okupar un mosteiro da Ribeira Sacra coa finalidade de volvelo ó seu
uso orixinal ó ritmo da Liturxia das Horas, do traballo e da formación.
O
lugar elexido é o Mosteiro de Santa
María de Montederramo e as datas o 12, 13 e 14 de setembro.
Si tes entre 18 e 45 anos non o
dubides e ven. Solo necesitarás:
·
Saco de durmir e esterilla
·
Libro da Liturxia das Horas
si o tes ou o podes conseguir
·
Biblia
·
Libreta e boli
·
Cousas de aseo persoal e
tarxeta sanitaria
O prezo é de 15€ e o número máximo
será de 20 persoas. O criterio será por orde de inscripción, debéndose
pagar na conta de ACX indicando quen fai o ingreso:
Banco Popular: 0075 8909 13 0701801920
O prazo para inscribirse remata o día 8
de setembro.
Para calquera dúbida dirixirse a:
Ledicia: 620127708 / ledicia.santos@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario